Detalle de producto

Vidas post-it

19,50 €
Autor : zúñiga, iolanda
Marca : xerais
Año : 2010
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de VIDAS POST-IT

Os relatos de Vidas post-it, que tiveron unha excelente acollida por parte da crítica e, sobre todo, dos lectores, constitúen o primeiro e sólido paso adiante dado na literatura por unha das autoras galegas revelación dos últimos anos: Iolanda Zúñiga, recente Premio Xerais de Novela. Contemporáneos e fragmentarios, os de Vidas post-it son relatos curtos, concisos e veloces, que alimentan un receitario de tropezos na vida. Unha tras outra, predominan as situacións cotiás guiadas por condimentos universais: incomunicación, soidade, desamor, abismo, sexo, rutina, violencia, melancolía, drogas, medo e outras miserias que murchan, afogan e desesperan;todo adobado coa fugacidade, precisión e brutalidade da vida sen decorados. Os post-it deste libro de Iolanda Zúñiga, escrito cunha prosa directa e rotunda, atractiva e imantada, son deseños veloces coma tráilers de películas que debuxan vidas marcadas polo naufraxio persoal ou colectivo, afondando no recuncho máis escuro e brutal da propia vida.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2022-09-19
  • Titulo interno: 296.VIDAS POST-IT/NARRATIVA
  • Encuadernación: TAPA BLANDA O BOLSILLO
  • Colección: NARRATIVA
  • Altura: 220
  • Ancho: 145
  • Espesor: 6
  • Paginas: 136
  • Fecha de edición: 2010-09-30