Detalle de producto

Valados

12,50 €
Autor : fernández paz, agustín
Marca : xerais
Año : 2009
Categoría : Infantil y juvenil
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de VALADOS

Helena e Xoel son amigos inseparables, non hai horas que lles cheguen para estaren xuntos. Na súa vila comezan a suceder feitos que os desacougan;semella que un vento estraño varreu a alegría das rúas e deixou no seu lugar odio, xenreira e medo. Axiña se erguen altos valados para separar e illar unhas persoas doutras. Valados visibles, e tamén invisibles, que afastan a Xoel e a Helena. Os dous terán que idear mil e unha artimañas para manter viva a intensa amizade que os une. Valados, conto de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Xan López Domínguez, é un libro chamado a converterse nunha das achegas máis importantes realizadas pola literatura infantil galega até a actualidade. Un libro sobre a amizade por riba de todas fronteiras. Un libro sobre a fraternidade por riba de muros e valados. Un libro sobre a igualdade e liberdade como dereitos primeiros de todos os seres humanos.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2025-06-25
  • Titulo interno: VALADOS. (MERLIN 9 ANOS)
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Colección: MERLIN 9 ANOS
  • Altura: 208
  • Ancho: 187
  • Espesor: 3
  • Paginas: 72
  • Materias ibic: 5AL;YFU;
  • Fecha de edición: 2009-12-11