Detalle de producto

Unha branca de cobre para Martiño

12,50 €
Autor : carredano cobas, ramón
Marca : xerais
Categoría : Infantil y juvenil
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de UNHA BRANCA DE COBRE PARA MARTIÑO

Unha branca para Martiño, de Ramón Carredano Cobas foi a obra gañadora do Premio Merlín de lIteratura Infantil 2005. Unha novela histórica, dirixida a lectores de once anos en diante, desenvólvese durante o día e noite de Noiteboa do ano no que a nao Santa María, capitana da flota do descubrimento de América, embarranca nas costas de Haití, ao deixar os mariñeiros o goberno da nave en mans dos grumetes. Narrada empregando un flash back, está protagonizada por Martiño, un mociño do noso tempo ao que lle fascina a historia que gardaba cada unha das moedas da súa colección. Martiño tíñaas de todos os os tempos: gregas, púnicas, romanas, medievais. Por mor da festa de Noiteboa, o día no que cumpriu trece anos deparoulle unha sorpresa tremenda: espertou a bordo da Santa María, a nao do almirante Cristovo Colón, que, despois de tocar terra o 12 de outubro de 1492, leva máis de dous meses percorrendo as illas das Indias. O grumete Martiño e o seu papagaio Trinquete vivirán outra xornada de Noiteboa inesquecible, farán amigos e inimigos, e deberán vencer problemas case insuperables. Novela clásica de aventuras e de carácter histórico, rigorosamente documentada, foi definida polos membros do xurado do Premio Merlín como "redonda" e de "lectura fascinante".

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2025-06-25
  • Titulo interno: (G).UNHA BRANCA DE COBRE PARA MARTIÑO .(PREMIO MERLIN 2005)
  • Encuadernación: TAPA BLANDA O BOLSILLO
  • Colección: MERLIN 9 ANOS
  • Altura: 190
  • Ancho: 135
  • Espesor: 5
  • Paginas: 112
  • Materias ibic: 5AM;YFT;