Descripción de UN PEIXE NO PARQUE
Un peixe no parqué é un atlas de vidas en combustión, de faíscas acesas debaixo da borralla. A medio camiño entre a novela e o libro de relatos, Ramón Vilar Landeira ofrécenos unha narración ateigada de ironía e humor, que trata das parellas que os sábados cean sushi diante da televisión;das pintadas máis insidiosas no váter da facultade;da xente que guinda preservativos dende os seus autos;do olor a naftalina na entreperna;dos camións que veñen de fronte pola estrada comarcal;da funcionalidade das casas prefabricadas;das clases medias e de Le Monde diplomatique;e, sobre todo, dos flashes dos teléfonos móbiles. Un peixe no parqué é ficción cosida coa vida cotiá, que non esquece as contradicións, silencios e esgazamentos da condición humana;ficción na que resoan os ecos deses golpes que o paso do tempo dá no rostro e no corazón ao decatarnos de que todo cambia.
