Detalle de producto

Soños no limiar

19,95 €
Autor : mernissi, fatema / viéitez ferro, rocío
Marca : laiovento (ibd)
Año : 2022
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de SOÑOS NO LIMIAR

Candemaia xorde da necesidade de que as candeas e estrelas que lle dan nome acheguen luz a unhas vidas que un día nos amosaron a súa faciana máis negra.Son libros traducidos e escritos por mulleres para que con historias de nenas, mozas e adultas, fiemos un tecido máis humano, máis respectuoso. Cada libro leva a achega dun home porque esta colección está feita a latexos igualitarios. De todos sacaremos algo, leremos sobre vidas, ficticias ou reais, e non nos deixarán indiferentes.Soños do limiar de Fatema Mernissi (1940-2015) foi a súa única novela, onde narra unha falsa autobiografía sobre a súa infancia nun harén en Fez nos anos 40. A ollada tenra dunha nena que ve o mundo que a rodea e non entende, a visión do masculino e o feminino, os soños e esperanzas arrolados polos contos de Scheherezade e as princesas dos Contos das mil e unha noites.Polo medio de historias cóntanos que é un harén ou onde están os límites da hudud, vainos facendo pensar e sentir desde unha físgoa moi estreita a un mundo moi amplo como é o árabe desa época. Un relato cheo de tenrura, nostalxia, espectáculos, bailes, comidas, sabores, sons, porque as palabras son o verdadeiro camiño á liberdade.

Información adicional

  • Fecha modificación: 2022-07-28
  • Titulo interno: SOÑOS NO LIMIAR
  • Encuadernación: OTRO FORMATO LIBRO
  • Altura: 1
  • Ancho: 1
  • Espesor: 1
  • Paginas: 238
  • Materias ibic: FQ;
  • Fecha de edición: 2022-03-01