Detalle de producto

ROSALÍA DE CASTRO. ESTUDIOS SOBRE A VIDA E A OBRA

29,99 €
Autor : andrés pociña e aurora lópez
Marca : laiovento (ibd)
Año : 2015
Categoría : Literatura
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de ROSALÍA DE CASTRO. ESTUDIOS SOBRE A VIDA E A OBRA

Esta obra monumental constitúe un utilísimo instrumento para calquera outra investigación sobre Rosalía de Castro. Temos á man documentación cronobiográfica fundamental, como a que demostra, por exemplo, a vida tan temperá da autora coa súa nai, en Padrón (segundo achado do finado Manuel Pérez Grueiro no rexistro deste concello), o que valerá de vez -esperamos- para desmontar fantasías sen fundamento ningún sobre as relacións materno-filiais. Temos un completo percurso pola crítica contemporánea de Rosalía, que nos ilustra sobre a recepción que a súa obra merecía. Fica debuxada unha biografía, con dados certos, tantas veces falseada ou ocultada;permítenos o libro practicarmos un itinerario crítico onde non se ocultan dados, autores, nin se furtan valoracións, cousa sempre de agradecer para os que estimamos que se xogue \"coas cartas boca arriba\" e non, como tantas veces padecemos, usando da \"vaporización\" orwelliana para facer desaparecer (como se houbese que asentir ao revival do \"Indice\") obras ben significativas e valiosas da fortuna crítica de Rosalía de Castro.

Información adicional

  • Fecha modificación: 2022-11-11
  • Titulo interno: ROSALIA DE CASTRO. ESTUDIOS SOBRE A VIDA E A OBRA
  • Encuadernación: OTRO FORMATO LIBRO
  • Colección: ENSAIO
  • Altura: 300
  • Ancho: 200
  • Espesor: 10
  • Paginas: 438
  • Materias ibic: GTG;
  • Fecha de edición: 2015-03-01