Detalle de producto

Os megatoxos e a cara oculta de Lúa

15,95 €
Autor : fariña, anxo
Marca : xerais
Año : 2011
Categoría : Infantil y juvenil
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de OS MEGATOXOS E A CARA OCULTA DE LÚA

Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. Os Megatoxos, en pasadas aventuras, estiveron na época Castrexa, na Idade Media, e na Revolución industrial en París. Todos os humanos teñen dúas caras: a luminosa e a escura. A primeira é a que normalmente amosamos diante dos nosos semellantes, mais, as veces, o demo interior pugna por saír á superficie. Que pasaría se esa vertente sinistra tomase o control? E se lle acontecese a unha persoa cun alto potencial como Lúa? E se o poder do Toxo complicase aínda máis a situación? O instituto dos Megatoxos cae en desgraza e unha horrible transformación esténdese polo alumnado e mais o profesorado. Entrementres, en Venecia, unha misteriosa raíña trata de dominar o mundo grazas ao poder do Toxo. Os dous escenarios están intimamente ligados, e só os Megatoxos poden resolver a crise que ameaza os dous mundos.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2025-06-25
  • Titulo interno: (G).4.MEGATOXOS E A CARA OCULTA DE LUA, OS.(INFANTIL XUVENI
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Colección: MEGATOXOS
  • Altura: 215
  • Ancho: 150
  • Espesor: 18
  • Paginas: 192
  • Materias ibic: 5AM;5AN;YFC;YFH;YFS;
  • Fecha de edición: 2011-06-17