Detalle de producto

OS FILLOS DO LUME

23,95 €
Autor : feijoo, pedro
Marca : xerais
Año : 2017
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de OS FILLOS DO LUME

Poucas cousas cambian a vida dunha persoa. Presenciar un asasinato é unha delas. A Porta do Sol é unha festa. Risos, barullo. Na praza ateigada de xente só uns poucos saben o que está a piques de acontecer. E, aínda así, ningún dos asistentes esquecerá xamais esta tarde de domingo. Un disparo camuflado no rebumbio, o alcalde botando a man ao peito antes de caer. Aí está o comezo dunha investigación que nos levará dous séculos atrás, perseguindo as sombras do barrio vello, escoitando os silencios dunha cidade chea de preguntas incómodas, rúas de sinais esquecidos e imaxes que non son o que aparentan. Os mellores segredos sempre son os que se ocultan aí, nese lugar á vista de todos. Regresan os personaxes de " Os fillos do mar " , a novela que deu a coñecer a Pedro Feijoo, para enfrontarse a unha das intrigas mellor protexidas na historia da cidade de Vigo: a da súa fundación.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2024-12-28
  • Titulo interno: (G).412.OS FILLOS DO LUME.(NARRATIVA)
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Colección: NARRATIVA
  • Altura: 220
  • Ancho: 145
  • Espesor: 25
  • Paginas: 504
  • Materias ibic: FA;
  • Fecha de edición: 2017-06-15