Detalle de producto

Obra completa

32,10 €
Autor : pimentel, luís
Marca : galaxia
Año : 2009
Categoría : Literatura
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de OBRA COMPLETA

A Academia Galega dedicou en 1990 o Día das Letras Galegas a Luís Pimentel como recoñecemento á obra dun poeta que publicaba en 1950, na mítica colección Benito Soto, o seu primeiro libro, Triscos, ao que seguiría en 1959 o que se considera o seu poemario central, Sombra do aire na herba, publicado postumamente por Editorial Galaxia cunha introdución de Celestino Fernández de la Vega. De Pimentel, tamén escritor en castelán, publicaríase en 1960 o libro Barco sin luces, poemario esencial para achegarse ao universo poético pimentelián. Mais non sería ata 1981 cando se publicase, en edición de Araceli Herrero Figueroa, a súa Obra inédita o no recopilada. A estes títulos, a presente edición da Obra completa engade aqueles textos que, desde 1981, foron dados a coñecer, amais de artigos, textos sobre arte e textos para a escena, un deles para o teatro, e tres ballets. Toda a obra de Luís Pimentel reunida nun único volume que permite a lectores e lectoras achegarse a esta obra literaria esencial para as nosas letras e facelo dun xeito ordenado, o que facilita a lectura e a percepción da obra no seu conxunto. Por primeira vez, publícase a Obra completa do poeta Luís Pimentel. Nun único volume e en edición ao coidado da profesora Araceli Herrero Figueroa, unha das grandes especialistas na obra pimenteliá, inclúese a súa poesía en galego e en castelán, textos en prosa e textos para a escena.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2025-01-02
  • Titulo interno: LUIS PIMENTEL.(OBRAS COMPLETAS)
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Colección: OBRAS COMPLETAS
  • Altura: 210
  • Ancho: 135
  • Espesor: 26
  • Paginas: 520
  • Fecha de edición: 2009-11-19