Detalle de producto

O tesouro da lagoa de Reid ' Is

12,50 €
Autor : agra, agustín
Marca : xerais
Año : 2006
Categoría : Infantil y juvenil
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de O TESOURO DA LAGOA DE REID ' IS

Aldara e Paulo pasan as vacacións de verán cos seus avós na Casa de Outeiro en Viladomar de Cabodomundo. O avó cóntalles a súa aventura na busca dun tesouro fabuloso afundido na lagoa da Praia de Mardefora, á altura da Gran Duna onde hai moito tempo quedara asolagada a cidade de Reid'Is. Aquela montaña de cofres repletos de ouro, diamantes e outras alfaias de valor incalculable, ficara agochada no grandioso pazo do rei e custodiada polos feroces urcos sedentos de sangue e por unha fermosa rapaza de cabeleira vermella, a princesa do lago. Como fixo o avó para baixar á cidade, a capital do Antigo Reino? Conseguiu recuperar algunhas daquelas pezas marabillosas? O tesouro da lagoa de Reid Is de Agustín Agra obtivo o Premio Merlín de Literatura Infantil 2006. Texto de literatura fantástica cunha forte pegada realista, o xurado sinalou como os seus elementos máis salientables a fermosa recreación de lendas tradicionais galegas sobre un fondo de materia artúrica, a recuperación da oralidade, a creación toponímica sobre estruturas galegas (Cidadepedra, país de Alenmarà), o emprego dun léxico rico, inzado de referencias literarias e mitolóxicas, a reinvención de personaxes como o Gaiteiro Manfred (que toca muiñeiras de auga para que lle leven a tristura).

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2025-06-25
  • Titulo interno: 166.TESOURO LAGOA REID´IS.(PREMIO MERLIN 06)/MERLIN 7 AÑOS
  • Encuadernación: TAPA BLANDA O BOLSILLO
  • Colección: MERLIN 11 ANOS
  • Altura: 190
  • Ancho: 135
  • Espesor: 4
  • Paginas: 88
  • Materias ibic: 5AM;YFB;
  • Fecha de edición: 2006-10-04