Detalle de producto

O sombreiro Chichiriteiro

15,50 €
Autor : rivas, manuel
Marca : xerais
Año : 2009
Categoría : Infantil y juvenil
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de O SOMBREIRO CHICHIRITEIRO

Na casa do avó do pequeno Simón, un día de festa apareceu dacabalo dunha avestruz o Chancho Colorao, un home robusto, moi fachendoso, vestido de traxe e botas de montar. Mais, cando Simón deulle por sorpresa unha puñada ao sombreiro do xigantón, o sombreiro non foi caer no chan, deu unha reviravolta no ar con moito xeito, saíu voando e botouse a cantar: "liroliro, liroliro". "E o sombreiro Chichiriteiro", berrou con alegría o avó de Simón. Mentres todos ficaban apampados, Simón foise correndo detrás de sombreiro tan especial, a correr, a correr por leiras, prados, soutos e camiños. Así arrinca O sombreiro Chichiriteiro, o primeiro conto de Manuel Rivas para lectores miúdos, ilustrado poal xenial Patricia Castelao. Unha historia de amizade dun sombreiro moi especial, o Chichiriteiro, e dun neno valente chamado Simón, que viaxarán xuntos ao corazón do mundo.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2024-02-22
  • Titulo interno: SOMBREIRO CHICHIRITEIRO.(MERLIN)
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Colección: MERLIN PRIMEIROS LECTORES
  • Altura: 208
  • Ancho: 185
  • Espesor: 10
  • Paginas: 64
  • Materias ibic: 5AD;YFU;
  • Fecha de edición: 2009-03-12