Detalle de producto

O libro negro da lingua galega

27,90 €
Autor : callón, carlos
Marca : xerais
Año : 2022
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de O LIBRO NEGRO DA LINGUA GALEGA

Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos. Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o método do anel etc. Abrimos un camiño para o estudo das multas franquistas por "hablar al público en gallego» e das inspeccións por «exagerado acento gallego". Revoltámonos coa profanación da lápida de Alexandre Bóveda para lle castelanizaren o nome e publicamos regulamentos escolares inéditos que perseguían o galego no século XVIII. Detémonos na negativa do Consejo de Castilla a autorizar un libro en galego en 1616. Vemos como o director da Real Biblioteca española no Setecentos decidiu non imprimir as "Cantigas de Santa María" por achar «extravagancia y mal gusto» a poesía en galego. Asistimos a queimas de libros e mesmo nos abraiamos ao saber que millares de cartas do padre Sarmiento acabaron como papel hixiénico. Ollamos o caso do taxista que perdería o traballo se en 48 horas non rotulaba "Rianjo" no seu vehículo e lembramos que en 1980 o Ministerio de Educación expedientaba e exhortaba a «repudiar» o profesorado que ensinaba en galego sen cobertura legal. Debruzámonos sobre estas e outras 1001 noites de pedra para así podermos entender como chegamos até aquí e como podemos gañar o futuro para a lingua que nos une.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2026-05-07
  • Titulo interno: (G).O LIBRO NEGRO DA LINGUA GALEGA.(UNIVESITARIA)
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Colección: UNIVERSITARIA
  • Altura: 240
  • Ancho: 175
  • Espesor: 38
  • Paginas: 768
  • Materias ibic: 1DSEL;2ADQ;CF;CFB;CFDM;CFF;
  • Fecha de edición: 2022-06-01