Detalle de producto

O imperialismo no seculo XXI

17,00 €
Autor : correa piñeiro, duarte
Marca : tempo galiza
Año : 2026
Categoría : Historia
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de O IMPERIALISMO NO SECULO XXI

Esta obra aborda unha cuestión imprescindíbel para comprendermos o mundo de hoxe, especialmente nun contexto en que, a cada pouco, novos acontecementos de grande impacto no ámbito internacional nos sobresaltan e deitan por terra certezas que parecían inamovíbeis. Falar hoxe de imperialismo é falar dunha realidade presente que debemos entender para comprender tamén como afecta ou pode afectar a nosa vida cotiá. O libro analiza o imperialismo actual e o papel da OTAN como instrumentos dos Estados Unidos nun momento en que esta potencia tenta soster unha hexemonía en declive. Examina, ademais, a chamada autonomía estratéxica da Unión Europea e o aumento do gasto militar, revelando o que se oculta tras estes discursos. Aliás, busca desmontar mitos e abrir o ollar a outras realidades de que case non se fala, en que diferentes países tecen alianzas para construír relacións internacionais baseadas no diálogo e na cooperación, frente á lóxica da imposición. Unha obra que cuestiona a idea de que vivimos no mellor doa mundos posíbeis e defende que, hoxe máis que nunca, a alternativa ao imperialismo pasa pola defensa da soberanía dos pobos.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2026-02-23
  • Titulo interno: (G).IMPERIALISMO NO SECULO XXI, O.(A REPUBLICA DAS IDEAS)
  • Encuadernación: OTRO FORMATO LIBRO
  • Colección: A REPUBLICA DAS IDEAS
  • Altura: 1
  • Ancho: 1
  • Espesor: 1
  • Paginas: 1
  • Fecha de edición: 2026-02-16