Detalle de producto

Microbios e outros paquidermos

15,90 €
Autor : díaz-castroverde gómez, fernando
Marca : galaxia
Año : 2011
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de MICROBIOS E OUTROS PAQUIDERMOS

Nesta quinta edición, o premio de narrativa breve organizado pola Fundación Repsol en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, e publicado por Editorial Galaxia, outorgouse a unha obra na que reúne máis dun cento de relatos-lóstrego nos que se reflicte a fascinación do autor por procurar un máximo efecto a partir dunha estrutura fugaz que permite abrollar a ironía e o sentido do humor. O libro premiado, que parte dunha concepción narrativa unitaria e coherente, segundo o autor é "un libro para pensar, pois ao traballar cun texto reducido, é o lector quen ten que pechar o círculo que o relato abre. A participación do lector é definitiva nos meus textos". Microbios e outros paquidermos é un bosque de bonsais, un labirinto de espellos polo que demabula Van Gogh, o contemplativo Hioshiro, Saib, Salman o faquir, algún felino, un embalsamador, a princesa e o sapo, unha serpe de Sonora, os comedores de palabras ... e todas as contradicións dos nosos días. Coas palabras xustas e coa axuda implícita do lector, debúxase un camiño de formigas e robinsóns procurando que os desvalidos microbios se transformen en paquidermos na selva do pensamento. Libro de narrativa no que se cuestionan as fronteiras xenéricas e no que os recursos literarios proveñen de xéneros e referencias diversos.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2025-01-02
  • Titulo interno: (G).305.MICROBIOS E OUTROS PAQUIDERMOS.(LITERARIA)
  • Encuadernación: TAPA BLANDA O BOLSILLO
  • Colección: LITERARIA
  • Altura: 210
  • Ancho: 135
  • Espesor: 6
  • Paginas: 136
  • Materias ibic: 2ADQ;F;
  • Fecha de edición: 2011-11-01