Detalle de producto

Memorias dun exgalego

21,95 € 20,85 €
Autor : araújo pérez, josiño
Marca : laiovento, s.l.
Año : 2022
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de MEMORIAS DUN EXGALEGO

"Comecei a odiar a miña familia o día en que nacín". Así arrinca esta biografía de odio. Anxo, o seu narrador e protagonista, é a personificación do autoodio: despreza as súas orixes, a súa terra e a súa clase social. Odia a súa deforme nai, o seu fracasado pai, o seu beato irmán, a súa rancorosa avoa e o seu inútil único amigo. Odia o cheiro da súa vila mariñeira, odia os seus veciños pailáns e odia a súa rústica lingua. Cre que a vida lle ten preparado algo mellor que a mediocridade que o rodea, que a súa beleza e o seu intelecto merecen algo máis, polo que o seu único obxectivo é marchar e romper para sempre cos vínculos que o atan ao lugar e ás persoas que o viron nacer. Ninguén o deterá no seu camiño ao "éxito". Nesta novela acompañamos a Anxo na súa fuxida das orixes e asistimos abraiados e, en moitas ocasións, mortos de risa, ao seu fulgurante ascenso ao máis baixo. Vantaxista, disoluto, libertino e tamén ruín, perverso e depravado son algúns dos adxectivos que adornan este odiador que, de xeito descarnado e hilarante, nos narra a súa vida. En certos momentos quizais nos lembre, por razóns moi diversas, outros personaxes literarios como Ignatius J. Reilly de A conxura dos necios ou Adrián Solovio de Arredor de si. Unha novela picaresca que nos atrapará coa súa hábil construción de caracteres e co seu trepidante ritmo cinematográfico. Atención ao inesquecible final. Con Memorias dun exgalego, Araújo rompe todos os moldes do convencional para asomarnos a un abismo moi politicamente incorrecto. Elena Méndez, La Voz de Galicia Preparen o corpo como o fan con Peckinpah ou Tarantino. Están advertidos da emocional vertixe. Oriana Méndez, Faro de Vigo

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2023-01-19
  • Titulo interno: (G).407.MEMORIAS DUN EXGALEGO.(NARRATIVA) (2A.ED)
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Colección: NARRATIVA
  • Altura: 210
  • Ancho: 140
  • Espesor: 17
  • Paginas: 282
  • Materias ibic: 1DSEL;FA;
  • Fecha de edición: 2022-02-01