Detalle de producto

LONG PLAY

18,95 €
Autor : perez díaz, lois
Marca : xerais
Año : 2017
Categoría : Literatura
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de LONG PLAY

" Long Play " soa coma unha poesía incitada polas persuasións da aventura e do risco, conformando unha sorte de " jukebox de autoxeografía " . Estes versos teñen un pé no feitizo do estético, transitando pola benévola tiranía da rima;e outro, na inmediatez da emoción, a da esquina sucia do ring, cando o centro do libro viaxa ás formas máis propias da canción ou da " twitteratura " a ritmo de música e desexo, coma un parteluz que observa a " aritmética beatle " : letras tristes + alegres melodías. A " forma " do Long Play navega libertaria cara ás augas de sinxeleza do fondo, tensando as fronteiras do xénero poético que galantea por intres con algún " riff " de humor -se Ian Curtis é de Curtis e Ohio é O Hío, eu a Bueu digo vou, Jhonny, go, go!- e evasións cara " outros territorios posíbeis ";concíbese o propio proceso de creación como un " crescendo de arte e ensaio " pleno de liberdade e de poesía por si mesmo. As palabras cantan e denuncian, celebran, imaxinan e protestan, concisas e inmersas na observación da experiencia vital: os problemas, os medos e inquedanzas de quen as escribe, os ollos tisnados da infancia infinda. A " ledicia blue " que agroma do triste. A loita por habitar os silencios da nosa zona escura.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2024-02-22
  • Titulo interno: (G).LONG PLAY.(POESIA)
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Colección: POESIA
  • Altura: 220
  • Ancho: 145
  • Espesor: 9
  • Paginas: 160
  • Materias ibic: DCF;
  • Fecha de edición: 2017-11-22