Detalle de producto

Home sen nome

25,50 €
Autor : de toro, suso
Marca : xerais
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de HOME SEN NOME

Nano, encamado no cuarto dun hospital, acompaña durante dous días a un vello terminal, só, entubado e consumido fisicamente. O vello, un home sen nome, un enigma invadido polas lembranzas, entre o delirio e o soño provocados pola medicación, enunciará o monólogo da súa arrepiante biografía centenaria. Unha vida desacougante, condicionada pola perda prematura da nai, a presenza da sombra do seu irmán xemelgo, o seu paso polo Berlín onde emerxía o nazismo co que axiña simpatizou, o seu protagonismo nas sacas da feroz represión do 36 en Compostela ou a súa participación como voluntario na División Azul. A visita de Celia, unha xove guionista, obrigará ao vello sen nome a confesar lucidamente, sen rastro de arrepentimento nin remorso, a súa participación en múltiples fusilamentos, torturas e violacións e as súas razóns para facelosàEmpregando formas achegadas ao drama, Suso de Toro ofrece a súa obra literaria máis ambiciosa: un relato de ficción intenso e emotivo onde pairan como teón de fondo os acontecementos da represión en Galicia durante os días do alzamento e os anos da posguerra. Unha reflexión perturbadora sobre a memoria que deita a mirada dun dos verdugos. Unha novela que procura as palabras necesarias que expresen e absolvan tanta dor afogada.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2024-02-22
  • Titulo interno: 225.HOME SEN NOME (NARRATIVA)
  • Encuadernación: TAPA BLANDA O BOLSILLO
  • Colección: NARRATIVA
  • Altura: 221
  • Ancho: 147
  • Espesor: 20
  • Paginas: 400