Detalle de producto

Colmeiro por si mesmo

20,95 €
Autor : castro fernández, xosé antón
Marca : xerais
Año : 2015
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de COLMEIRO POR SI MESMO

O pintor Manuel Colmeiro (1901-1999) é unha figura cume do Movemento Renovador da Arte Galega, xunto con Maside, Torres, Souto, Laxeiro, Eiroa e Fernández Mazas. Tamén é un protagonista indiscutido da «Ecole Espagnole de Paris», que agrupa creadores como Picasso, Dalí, Miró, Gris, Bores etc., cos que participou en numerosas mostras. Colmeiro non só contribuíu a un novo xeito de interpretar a «estética do granito», fundindo a tradición e a etnografía galegas coas linguaxes vangardistas europeas, senón que aportou unha nova maneira de entender a pintura-pintura, por riba da estrutura narrativa, sendo así un dos primeiros cultivadores da abstracción en España. O pintor estivo exiliado primeiro en Bos Aires e despois en París. As numerosas mostras individuais en prestixiosas galerías de arte e institucións españolas e francesas tiveron o seu colofón na antolóxica que lle dedicou o Museo Español de Arte Contemporáneo en Madrid en 1983, que marcou o seu retorno definitivo a España. Colmeiro por si mesmo acolle tres reveladoras conversas co artista, feitas a finais da década de 1980 por Xosé Antón Castro e Carlos G. Reigosa. Nelas, Colmeiro descobre as claves da súa vida e da súa obra, ao tempo que define a natureza do seu compromiso político e da súa linguaxe creativa, tan galega e tan universal.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2025-11-17
  • Titulo interno: (G).COLMEIRO POR SI MESMO:CONVERSAS.(CRONICA)
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Colección: CRONICA
  • Altura: 240
  • Ancho: 175
  • Espesor: 8
  • Paginas: 96
  • Materias ibic: AFC;BGF;
  • Fecha de edición: 2015-04-15