Detalle de producto

Castelao na luz e na sombra

40,00 €
Autor : paz-andrade, valentín
Marca : galaxia
Año : 2012
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de CASTELAO NA LUZ E NA SOMBRA

GBS_setViewerOptions({'showLinkChrome': false});GBS_setLanguage('es');GBS_insertPreviewButtonPopup('ISBN:978-84-9865-434-9');A biografía de Castelao Biografía dunha das figuras fundamentais da historia de Galicia, Castelao na luz e na sombra tamén retrata un período importante da historia do noso país a través dun dos seus protagonistas. Paz-Andrade combina o papel de biógrafo co de historiador, a erudición e a documentación co pulo e a vocación literaria. Amais do poemario Pranto matricial e dun considerable número de ensaios e artigos, Valentín Paz-Andrade dedícalle ao autor de Sempre en Galiza a súa monumental biografía Castelao na luz e na sombra. Escríbea entre abril de 1980 e outubro de 1981;o libro publícase o ano seguinte, cando o autor xa pasa dos oitenta anos. Antes, Paz-Andrade realiza un intenso traballo de investigación e documentación, de recompilación de textos e de consultas con testemuñas. No ano 1986, Ediciós do Castro tira do prelo a segunda edición, corrixida e aumentada, da que se parte para a que publicamos agora, outra volta revisada, co gallo do Día das Letras Galegas. "Valentín Paz Andrade, unha ducia de anos máis novo que Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, coñeceu, conviviu e mesmo foi amigo de Castelao. Compartillaron un tempo, un proxecto e, xa que logo, había complicidade entre eles ata xullo de 1936. Logo o vento da intolerancia, dos outros, esgallounos. Con grande parte desa memoria, a súa autobiografía, e coa dos compañeiros que sobreviviron, que lle forneceron e complementaron datos, compuxo a biografía que aniñaba no seu maxín." (Do limiar de Miguel Anxo Seixas)

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2024-06-17
  • Titulo interno: (G).2.CASTELAO:NA LUZ E NA SOMBRA.(GRANDES BIOGRAFIAS)
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Colección: GRANDES BIOGRAFIAS
  • Altura: 150
  • Ancho: 220
  • Espesor: 35
  • Paginas: 1
  • Materias ibic: BG;
  • Fecha de edición: 2012-05-18