Detalle de producto

BESTA DO SEU SANGUE

17,95 €
Autor : pedreira, emma
Marca : xerais
Año : 2018
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de BESTA DO SEU SANGUE

Besta do seu sangue relata, con grande orixinalide, unha historia inspirada na figura e no mito de Blanco Romasanta desde unha visión que propugna unha revisión de xénero. Disposta como un conxunto fluído de microunidades narrativas, na novela conviven os rexistros culto e coloquial para vencellar as voces partícipes da historia e da creación do mito nacido arredor da persoa que foi considerada a primeira asasina en serie da nosa historia. A obra supón unha proposta transgresora e fragmentaria que se caracteriza por esa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros para abordar o tema da licantropía desde unha perspectiva de xénero. Narrada desde unha linguaxe poética, ao longo das páxinas desta excelente novela, salienta unha atmosfera de desacougo e angustia para abordar o tratamento dun personaxe que bebe das fontes cultas, mitolóxicas e populares galegas para reavivar a figura do lobo e a súa convivencia co ser humano.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2023-10-10
  • Titulo interno: (G).434.BESTA DO SEU SANGUE.(NARRATIVA)
  • Encuadernación: LIBRO EN OTRO FORMATO
  • Colección: NARRATIVA
  • Altura: 225
  • Ancho: 145
  • Espesor: 6
  • Paginas: 120
  • Materias ibic: FA;
  • Fecha de edición: 2018-10-11