Detalle de producto

ARQUITECTURAS DEBUXADAS

34,50 €
Autor : catalán tobía, santiago
Marca : xerais
Año : 2016
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de ARQUITECTURAS DEBUXADAS

O arquitecto Santiago Catalán ofrece neste libro un itinerario visual inédito sobre a cidade de Lugo. Arquitecturas debuxadas polo autor con asombrosa fidelidade a algúns dos espazos e das edificacións emblemáticas da cidade bimilenaria, como a catedral, a casa do Concello, a praza do campo e a muralla. Unha obra que, ademais, homenaxea a Juan Álvarez de Mendoza, Luis Bellido, Nemesio Cobreros, Eloy Maquieira ou Alfredo Vila, arquitectos que deseñaron a cidade e renovaron o seu urbanismo no último século. En palabras de Paco Martín, "Santiago Catalán, nesta obra, que non dubido en cualificar de substancial para o coñecemento da nosa cidade, descorre coa mao sensible do artista a cortina que gardaba da nosa vista moito diso que cada día miramos pero que non sempre vemos". "Arquitecturas debuxadas vén achaiar o camiño do viaxeiro interesado despechándolle portas á curiosidade intelixente, a encher de arte e coñecemento ese espazo que o costume e a rutina foron baleirando na sabenza dos lugueses". Un libro que Santiago Jaureguizar cualifica como "celebración das porcións de Lugo, que adscribe' á Cidade Eterna", engadindo que "o vademécum de Catalán é o inventario que o noso sandador nos lega para indicarnos a arquitectura luguesa que debemos preservar".

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2024-02-22
  • Titulo interno: (G).ARQUITECTURAS DEBUXADAS:LUGO
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Colección: SIN COLECCION
  • Altura: 295
  • Ancho: 225
  • Espesor: 7
  • Paginas: 160
  • Materias ibic: AMC;
  • Fecha de edición: 2016-11-11