Detalle de producto

Alguén ao lado

17,95 €
Autor : xabier quiroga
Marca : xerais
Año : 2026
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de ALGUÉN AO LADO

Luís leva unha vida triste e retirada, froito dun desengano amoroso na xuventude que o deixou marcado e o converteu nunha persoa «un tanto pusilánime e algo indecisa». Ata que un día, inesperadamente, acompañada dun billete de avión a Marrakech, recibe unha estraña mensaxe. Esa é a chispa que lle acende de novo a existencia, a que esperta o ser sentimentalmente aletargado en que, co paso dos anos, se converteu. E con ela volve, sen remedio, a lembranza do intenso pasado ao lado do Iak e a Mar nun concello «rural e aburrido do interior», e mais o devezo por procurar as respostas que expliquen o camiño ata o seu errático presente. «Alguén ao lado» é unha reflexión universal sobre a identidade, o desexo e a capacidade humana de reinventarse. Unha oda á amizade e á dificultade que teñen as persoas para amar e entenderse. Xabier Quiroga mergúllanos nun mundo de extraordinaria sinceridade e profundidade emocional que, co paso das páxinas, nos vai descubrindo algo tan variado e fráxil coma o que chamamos, simplemente, vida.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2026-02-11
  • Titulo interno: (G).ALGUEN AO LADO.(NARRATIVA)
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Colección: NARRATIVA
  • Altura: 230
  • Ancho: 155
  • Espesor: 28
  • Paginas: 352
  • Materias ibic: 1DSEL;2ADQ;FA;
  • Fecha de edición: 2026-01-01