Detalle de producto

Agora, eu cariota

14,96 €
Autor : xosé gago
Marca : laiovento (ibd)
Año : 2025
Categoría : Literatura
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de AGORA, EU CARIOTA

oO xogo de palabras que organiza o título de Agora, eu cariota, deconstrución do signo, reconstrución do eu integrado como especie biolóxica no corpo superior da Natureza, trascende o perímetro da función lúdica para ser pronunciado como significado central dun discurso poético que se constrúe a el mesmo ao xeito de moi suxestiva Semiótica da realidade natural, elaborada co instrumento dobre da Ciencia e a Poesía. Xosé Gago escrebe a paisaxe e, asemade, le o texto dun \"mundo en colapso\", tal como entende Susana Sanches Aríns o libro nun limiar de alto nivel expresivo, magnífica escrita en espello. O autor transparenta a continuación as liñas da súa vontade de acción transformadora a través do poema: \"Nun mundo cada vez máis precariota, a resposta está nos procesos comunitarios, pluricelulares. Facernos eucariotas para perdernos no colectivo\". O eu desprendido do título quebrado medra cara á dimensión da persoa plural para fundirse coa materia da Natureza e das tribus humanas en alegato de vibrante e ben temperada disidencia. oSen dimitir da fundamental pulsión épica, o poeta de Agora, eu cariota evita a pronuncia hipertrofiada do manifesto combativo tanto como a declaración esencial e inocente da comunicación pedagóxica. Este libro fundamenta a súa arquitectura nos alicerces da experiencia emocional, que se verbaliza a través dun discurso de singular estilo, fluído natural dunha voz que se interna con frecuencia en desvíos de imaxe inesperada, enigmática, polisémica, e que avanza en procura do \"cromosoma da nosa identidade profunda\"oXosé Mª Álvarez Cáccamo

Información adicional

  • Fecha modificación: 2026-02-13
  • Titulo interno: AGORA, EU CARIOTA
  • Encuadernación: OTRO FORMATO LIBRO
  • Colección: POESIA
  • Altura: 1
  • Ancho: 1
  • Espesor: 1
  • Paginas: 82
  • Fecha de edición: 2025-12-01