Detalle de producto

A CASA XUNTO AO VOLCÁN

18,90 €
Autor : losada, xosé ricardo
Marca : galaxia
Año : 2019
Categoría : Literatura
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de A CASA XUNTO AO VOLCÁN

Con dezasete anos, Xeila ve o seu mundo escachar en anacos: a separación dos pais, as dúbidas sobre a súa vocación profesional, as inseguridades físicas E por riba, o traslado familiar de Ourense a Rianxo, onde terá que comezar de novo, onde terá que rachar coas inercias psicolóxicas do pasado e buscar iso que o seu profesor de Filosofía consideraba a función básica do ensino: unha mirada propia sobre o mundo e sobre as relacións humanas que nel se establecen. Esa é a maior aventura que se pode vivir na adolescencia, e Xeila empréndea, para sorpresa do profesorado, da súa nai e das súas amizades, incapaces de comprendela. O seu comportamento estraño, contraditorio, mesmo delitivo, é un reto que se impón a partir do pensamento de Nietzsche, estudado nunha das clases de Filosofía: construíde a vosa casa ao lado dun volcán. Un volcán que acabará modificando non só a vida de Xeila, senón a de todas as persoas que a presencian, e mesmo son sacudidas pola súa erupción.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2026-01-08
  • Titulo interno: (G).404.CASA XUNTO AO VOLCAN.(II PREMIO VIADUTOS)/LITERARIA
  • Encuadernación: OTRO FORMATO LIBRO
  • Colección: LITERARIA
  • Altura: 210
  • Ancho: 135
  • Espesor: 10
  • Paginas: 204
  • Materias ibic: GTG;
  • Fecha de edición: 2019-11-15